O TEMPO EN VIVEIRO

ESCOLA DE MÚSICA DE BURELA

ESCOLA DE MÚSICA DE BURELA
Concerto final do 3º curso interdisciplinar de Música. Dirixe Carlos Timiraos

BANDA DE MÚSICA DE VIVEIRO

BANDA DE MÚSICA DE VIVEIRO
Concerto breve de Nosa Señora - Praza da Fontenova, 15 de agosto de 2012

Concerto na Praza Maior (8 de agosto de 2012) xunto coa Banda Naval

Concerto de ADRAL - 24.03.2012

Concerto de Nadal 2011 (28/12/2011)

Concerto de Sta. Icía 2011 no teatro Pastor Díaz

Concerto breve o día de Nosa Señora de 2011

Pasarúas en Betanzos (18 de xuño de 2011)

Concerto ADRAL - 2 de abril de 2011

Concerto Sta. Icía 2010

Actuación en Covas, fronte aos Castelos, por mor da celebración do bicentenario do naufraxio da Fragata Magdalena e do Bergantín Palomo - 31/10/2010

Concerto de Nosa Señora 2010 - Praza da Fontenova

Concerto benéfico da Banda Municipal de Viveiro a favor de Haití (20-03-2010)

Concerto de Nadal 2009 con D.Hortensio - 26 de decembro de 2009

Concerto de Sta. Icía 2009 - Teatro Pastor Díaz

Actuación na Casa da Cultura de Burela coa Coral desa localidade. (7-11-09)

Concerto breve na Fontenova o 15 de agosto de 2009

Concerto de Semana Santa - 14 de marzo de 2009

Concerto de Nadal 2008 - Teatro Pastor Díaz, 27 de decembro - Director: Delio Represas Carrera

Concerto de Sta. Icía 2008, conmemorativo do 50 aniversario da refundación da Banda e homenaxe ao ex-Director D. Alfonso Mariño Parapar. -Momento da actuación coa interpretación do fado "Cançao do mar" a cargo de Lidia Carrión -

Concerto breve do 15 de agosto de 2008 na Praza da Fontenova

Procesión do Corpus (Viveiro, 25 de maio de 2008)

procesión de Semana Santa (16-03-08)

actuación no casino de Viveiro por mor da celebración do 25 aniversario desa entidade (1-12-07)

Concerto de Sta. Icía no teatro Pastor Díaz (24-11-07)

AUDICIÓN FIN DE CURSO 2007-08 * CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE VIVEIRO

AUDICIÓN FIN DE CURSO 2007-08 * CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE VIVEIRO
Grupo de saxofóns - Canción de R. Schumann

.

.
procesión de Santa Cecía (22 de novembro de 2007)

*

*
actuación na praza maior o 6 de agosto de 2007

*

*
actuación na praza da Fontenova o día de Nosa Señora de 2007

*

*
actuación en Allariz o 14 de xullo de 2007

BANDA XUVENIL DE VIVEIRO

BANDA XUVENIL DE VIVEIRO
Concerto de Nadal 2008 - 27 de decembro - Dirixe: Mateo Gómez Naval

***

***
Actuación na praza da Fontenova o 17 de agosto 2008 - Dirixe: Mateo Gómez Naval

***

***
actuación na praza da Fontenova o 11 de agosto de 2007 - Dirixe: Carlos Timiraos

*

*
presentación da banda xuvenil música do Conservatorio de Viveiro (agosto 2006)

*

*
vista panorámica de Viveiro e Covas dende San Roque

sábado, 8 de noviembre de 2008

O SEAT 600, o utilitario que marcou unha época

Foto da CONCENTRACIÓN DE 600 Ó PÉ DA MURALLA DE LUGO

O 15 de outubro de 1955 nace o seiscentos como resultado dunha copia do Fiat 600 deseñado por Dante Giacosa (tamén creara o anterior Fiat 500 Topolino). Este mítico utilitario serviría para motoriza-los españois, dado que o modelo 1400 e o 1500 eran prohibitivos para a maioría das clases sociais da época.
Seat apostou duro por este proxecto no que chegou a investir tres millónsde dólares da época para acondiciona-la súa fábrica de Barcelona chegando a producirse perto de 800.000 unidades nas súas variantes, D, E, e L-Especial

OS COMEZOS DA SOCIEDADE ESPAÑOLA DE AUTOMÓBILES DE TURISMO (SEAT)
A finais da década dos 40, o Instituto Nacional de Industria (INI) comezou a entablar conversas coa marca Turinesa F.I.A.T. co obxecto de crear una compañía española que fixera rexurdi-la economía do país, e de paso, motorizar ós españois. Desta maneira, o 16 de outubro de 1948 firmouse un acordo de colaboración con FIAT, e o 29 de maio de 1950 nace SEAT, (Sociedad Española de Automóviles de Turismo, S.A). Na compañía, investieuse primeiro un capital de seiscentos millóns de pesetas, repartidos 51%, pertencía ó INI; o 42%, ós bancos Urquijo, Banesto, Bilbao, Vizcaia, Hispano Americano e Central; e o 7% restante, era de FIAT. O primeiro presidente da empresa foi D. José Ortiz de Echagüe, e baixo o seu mandato, comezouse a traballar .
En decembro de 1950, comeza a construcción da factoría de SEAT, sobre vinte mil metros cadrados na zona franca do peirao de Barcelona.
O obxectivo, era producir un 40% dos compoñentes en España, e segundo fora aumentando a producción, chegar a fabricar o cen por cen. Ademais, aproveitáronse os traballadores da extinta Hispano Suiza, que se anexionaron sen problemas.
O 13 de novembro de 1953 sae da factoría o primeiro Seat, modelo 1400, con matrícula B - 87223, 44 cabalos e 120 km/h de velocidade máxima.
Na primavera do ano 1957 saíu o primeiro Seat 600 con licencia de Fiat a imaxe do propio Fiat 600 e foille entregado ó fillo do xeneral Muñoz Grandes.

COCHE DA POSGUERRA
En realidade podemos considera-lo 600 coma un coche da posguerra aínda que o franquimo xa tiña afrouxado da súa etapa máis dura; daquela necesitábase un coche de pouco custo de fabricación e, sobre todo que fose asequible ás mermadas economías dos españois (os modelos iniciais apenas superaban as 60.000 pts). Non debemos esquencer que o automóbil era un obxecto de luxo moi codiciado, pois só había un vehículo por cada 3.000 habitantes.
Nada mellor que crear unha compañía automobilística totalmente española para que os coches fosen baratos. O réxime presentaba o 600 como una especie de milagre que ía mellora-la nosa calidade de vida. Ben, pode que tiveran parte de razón pois haberá que recoñecer que era mellor que o Biscuter.
A súa acollida foi multitudinaria; en poucas semanas alcanzáronse as 100.000 peticións e chegouse a uns prazos de entrega que, ó principio, tiveron un retraso de ata catro anos tendo que adiantar parte do seu custo para formaliza-la petición.
Intensificouse a producción e, paulatinamente, foise atendendo a demanda, ata conseguir que moitos miles de españois puideran ver cumpridas as súas ilusións.
Foi ante todo a única solución posible naqueles tempos difíciles da posguerra.
Despois, o desenvolvemento foi arrinconando pouco a pouco esta situación ó facerse máis asequibles outros coches de mellor porte e prestacións.

VEHÍCULO POPULAR
Preguntade nas vosas casas. ¿quen, dos que agora teñen máis de 40 ou 50 anos, non tiveron un 600?
O Seat 600 era tamén o coche das autoescolas, nel aprenderon a conducir os avós dos nosos alumnos e algúns pais. E daquela a oferta era pouca, un 600 ou un 1500 (o coche dos taxistas).
En case que tódalas casas da nosa comarca houbo un 600, aínda que posteriormente o Citroën 2CV e a nerviosa Renault 4L tiveran tamén moito éxito. En Viveiro aínda circula algún, coma o flamante Seat 600E de Dositeo Álvarez Cortés, empresario adicado ó reciclado

VERSIÓNS
-A primeira das versións foi o 600, a secas. Caracterizábase polos tapacubos de menos diámetro que a llanta, os pilotos traseiros completamente vermellos cun "chichón", volante moi fino, mandos de luces e intermitentes á dereita do velocímetro; o motor era de 633 c.c. de 21´5 CV para gasolina de 72 octanos.
-Esta versión inicial foi modificada xa no 1958 pasando a ter topes nas defensas (popularmente coñecidas como mascotas), uns tapacubos de máis diámetro e máis planos, unhas tulipas traseiras diferentes, volante máis groso. No verán dese mesmo ano apareceu a versión "descapotable" cunha capota de lona e reforzos no teito; tivo un éxito relativamente importante debido a que a lista de espera era notablemente máis curta cá do modelo estándar.
-En febreiro de 1961 saíu a versión comercial, sen cristais traseiros laterais (típica dos vixantes de chupa-chups).
Ademais, na berlina, axustouse un pouco a distribución para baixa-las revolucións do par máximo ata 2.000 (ata aquela calábase moito ó arrancar); tamén se cambiou o carburador e o engorroso filtro de aire a base de aceite por outro de cartucho engadíndose un espello retrovisor interior con posición día/noite e un termómetro para a temperatura da agua integrado no cadro de mandos, todo un luxo.
-No 1963 saíu o 600D. Adoptáronse cambios que afectaban a un novo motor de 767 cc 2 29 CV de potencia, que traía consigo unha carrocería con algunhas melloras (só no plano estético) como o paso das intermitentes da parte superior das aletas ó fronte, baixo os faros, uns novos intermitentes laterais, molduras que ían dende estes novos pilotos ata case o final da porta, outras molduras nos faldóns e a pechadura integrada na manilla da porta do conductor.
-No 1966 fíxose unha renovación máis importante, polo menos dende o punto de vista estético; o dobre bisel dos faros dianteros foi substituído por outro sinxelo máis grande de aluminio e cunha suave visera na parte superior, as llantas saían pintadas de gris en lugar de "beige" e os tapacubos eran de novo deseño con catro puntos de axuste, as tulipas traseiras xa rodeaban á bombilla do intermitente laranxa en lugar de vermello, a tapa do vano motor pasaría a dispor de pechadura de seguridade, os paragolpes novos contaban con topes
de goma e, por último, os asentos que estarían tapizados totalmente en pano sintético, pivotando o respaldo dos dianteiros sobre si mesmos para unmellor acceso ás prazas traseiras.
- No 1967, o depósito de combustible pasaría de 27 a 30 litros, e en lugar de situarse na parte dereita do maleteiro (situado no cofre dianteiro), ocupaba toda o través na parte máis próxima ó habitáculo; tamén, o termómetro de agulla sería substituído por un chivato luminoso de cor vermella.
-En febrero de 1970 apareceu o 600-E, equivalente á versión italiana de 1964

Foto da DESPECE SEAT 600

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS:
Motor de 4 cilindros en liña, refrixerado por auga. Posición: traseira lonxitudinal.
Diámetro x carrera : 60 x 56 mm
Cilindrada: 633 c.c.
Relación de compresión : 7,5
Distribución: por árbore de levas lateral, mobido por cadea. Válvulas en cabeza.
Freo de man por bloqueo do eixo secundario do cambio
Freos: tanto os dianteiros coma os traseiros eran de tambor
Rodas: de chapa en medidas3,5 x 12" . Pneumáticos: detipo diagonal, en medida 5,20-12 .
saída de aire quente(calefacción)
Depósito de gasolina: 27 litros.
Batería: 12 V.
Dirección: de tornillo sinfín e sector helicoidal.
Chave de contacto no salpicadeiro
DinaFEMSA
largo x ancho x alto: 3.285 x 1.380 x 1.405 mm. - Velocidade máxima 95 km/h.- Consumo medio 7 litr./100 km. Peso 585 kg (en orde de marcha

-En febrero de 1970 apareceu o 600- E, equivalente á versión italiana de 1964 (alí deixouse de fabrica-lo Fiat 600 no 1969). A súa diferencia máis importante era o sentido de apertura das portas que agora levarían as bisagras por diante (ata esta versión as portas abrían en sentido contrario á marcha) e as ventanillas traían un derivabrisas triangular; os faros eran maís grandes rodeados dun embelecedor de chapa cromada, faritos de posición e intermitencia dianteros totalmente de plástico a cara vista, desaparición do anagrama Seat ó lado do capó a cambio dunha moldura máis larga, faros traseiros más grandes e novo farito de matrícula.
-En octubre de 1972 sumouse á gama a versión L Especial. Para esta versión modificouse un pouco: o motor aumentando a potencia ata os 33 CV, cuns novos colectores de escape independentes que lle daban un aspecto máis deportivo, exteriormente era distinguible ademais de polo anagrama Seat 600 L Especial, por posuír unha pechadura de pulsador no capó traseiro e unhas rexillas tralos cristais traseiros para a ventilación do habitáculo. Tamén traía un antirroubo bloqueador da dirección e o salpicadeiro viña tapizado.
Outros modelos aparecidos, hoxe chamados "versións", foron o 800 de catro portas, o 600D Formichetta (vehículo comercial co frontal da verlina e caixa de carga cadrada, tipo "combo")
-Una versión aínda posterior ó 600L especial foi o 600R, fabricado en Arxentina para o amplo mercado de Sudamérica. O 600R estaba desprovisto de tapacubos e, no seu lugar, as llantas presentaban uns ocos para refrixeralos freos. A carrocería tampouco levaba molduras cunha rexilla que intentaba protexe-los ntermitentes. Esta versión R estaba propulsada por un motorde 797cc, o que lle permitía chegar ós 36 cabalos de potencia.
En Arxentina, o 600 foi tamén o coche máis popular do país entre os anos1959 e 1971.
Despois do 600 e do 1500 (ano 1963) viñeron os 850 (1966), 124 (1968), 1.430 (1969) e o tamén mítico Seat 127 de 1972.
Todos estes modelos incrementaron a productividade da fábrica da zona Franca de Barcelona. En 1973, Seat tomou a decisión de deixar de fabricar o anti-cuado 600 do que se construíran, como dixemos na entradilla, perto de 800.000 unidades.
Dicir, por último, que viña equipado cun amplo equipo de ferramentas de 13 pezas e un completo manual onde se lle explicaba con detalle ó futuro usuario as nocións mínimas para as reparacións de urxencia. Era habitual completa-la "formación doméstica" en mecánica co famoso libro do Coronel Arias Paz "Manual de Automóviles", nacido para osconductores do exército.

TAMÉN NO CINE
As películas da época foron reflexo do que acontecía naquel despertar social cando as familias enteiras se desprazaban a "50 quilómetros" para ir de "picnic" á montaña, ou comezado o verán, atravesaban media España embutidos naquela lata de sardiñas e ¡sen climatizador!; pareceravos estraño ós nosos alumnos pero aquilo era sinónimo de liberdade e vivíase cunha ilusión desbordante.
O cine e os coches sempre tiveron vidas paralelas, ambos naceron a finais do XIX.
¿Quen non recorda películas como "La gran familia" (ano 1962), onde a compra deste coche se convertía no soño dun dos fillos que o identificaba co progreso e coa tan ansiada independencia do fogar?. Ou esa memorable secuencia de "El cochecito", na que, mentres Pepe Isbert soñaba cun motocarro, os membros do seu inmenso clan introducíanse, non se sabe de que maneira, nun 600 que había de conducilos a un inolvidable día de campo? Ou,"Los chicos del Preu" (equivalente hoxe ós rapaces de 2º de Bacharelato LOXSE); normalmente o máis guaperas, ligón e desalmado da panda, adquiría un nivel de preponderancia sobre os demais que, pobres mortais, viaxaban en tranvía e, enriba, tiñan menos cartos e eran máis feos.
En fin só lle faltou ó noso protagonista saír nunha película de acción ó "James Bond" emulando a un Aston- Martin, como o fixo posteriormente o elástico e polivalente Citroën 2CV.

NESTA FOTO PODEMOS VER UN FLAMANTE SEAT 800 (600 DE CATRO PORTAS)

UN POUCO DE TUNING
Houbo quen se aventurou incluso no mundo do rally; e sen chegar a unha personalización coma que facían os irmáns Juncosa, tipo Abarth, podíanse facer substanciales melloras.
Por exemplo:
-Poñer uns separadores para aumenta-la vía e por conseguinte a estabilidade.
-Poñer un carburador de máis paso.
-Poñer colectores de escape independentes
-Rebaixa-la culata para aumenta-la relación de compresión (ollo había que usar súper)
-Tamén se podía mellora-la refrixeración, verdadeiro talón de aquiles do 600 (lembrar que o ventilador empuxaba o aire en sentido contrario á marcha); para iso había unhas bisagras que permitían abrir lixeiramente
o capó do motor para permiti-la entrada de aire segundo a marcha.
-Na suspensión podíase reforza-la ballesta rebaixando a altura ó chan e meter uns amortecedores especiais.

N. TIMIRAOS - IES MARÍA SARMIENTO

VIVEIRO

VIVEIRO
vista panorámica de Viveiro dende O Paraíso

*

*
paseando por Viveiro ás... -fotografías enviadas por Lázaro-

*

*
(Lázaro) estrea a súa "Canon 400 D"

*

*
ao pasar pola Gañidoira