O TEMPO EN VIVEIRO

ESCOLA DE MÚSICA DE BURELA

ESCOLA DE MÚSICA DE BURELA
Concerto final do 3º curso interdisciplinar de Música. Dirixe Carlos Timiraos

BANDA DE MÚSICA DE VIVEIRO

BANDA DE MÚSICA DE VIVEIRO
Concerto breve de Nosa Señora - Praza da Fontenova, 15 de agosto de 2012

Concerto na Praza Maior (8 de agosto de 2012) xunto coa Banda Naval

Concerto de ADRAL - 24.03.2012

Concerto de Nadal 2011 (28/12/2011)

Concerto de Sta. Icía 2011 no teatro Pastor Díaz

Concerto breve o día de Nosa Señora de 2011

Pasarúas en Betanzos (18 de xuño de 2011)

Concerto ADRAL - 2 de abril de 2011

Concerto Sta. Icía 2010

Actuación en Covas, fronte aos Castelos, por mor da celebración do bicentenario do naufraxio da Fragata Magdalena e do Bergantín Palomo - 31/10/2010

Concerto de Nosa Señora 2010 - Praza da Fontenova

Concerto benéfico da Banda Municipal de Viveiro a favor de Haití (20-03-2010)

Concerto de Nadal 2009 con D.Hortensio - 26 de decembro de 2009

Concerto de Sta. Icía 2009 - Teatro Pastor Díaz

Actuación na Casa da Cultura de Burela coa Coral desa localidade. (7-11-09)

Concerto breve na Fontenova o 15 de agosto de 2009

Concerto de Semana Santa - 14 de marzo de 2009

Concerto de Nadal 2008 - Teatro Pastor Díaz, 27 de decembro - Director: Delio Represas Carrera

Concerto de Sta. Icía 2008, conmemorativo do 50 aniversario da refundación da Banda e homenaxe ao ex-Director D. Alfonso Mariño Parapar. -Momento da actuación coa interpretación do fado "Cançao do mar" a cargo de Lidia Carrión -

Concerto breve do 15 de agosto de 2008 na Praza da Fontenova

Procesión do Corpus (Viveiro, 25 de maio de 2008)

procesión de Semana Santa (16-03-08)

actuación no casino de Viveiro por mor da celebración do 25 aniversario desa entidade (1-12-07)

Concerto de Sta. Icía no teatro Pastor Díaz (24-11-07)

AUDICIÓN FIN DE CURSO 2007-08 * CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE VIVEIRO

AUDICIÓN FIN DE CURSO 2007-08 * CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE VIVEIRO
Grupo de saxofóns - Canción de R. Schumann

.

.
procesión de Santa Cecía (22 de novembro de 2007)

*

*
actuación na praza maior o 6 de agosto de 2007

*

*
actuación na praza da Fontenova o día de Nosa Señora de 2007

*

*
actuación en Allariz o 14 de xullo de 2007

BANDA XUVENIL DE VIVEIRO

BANDA XUVENIL DE VIVEIRO
Concerto de Nadal 2008 - 27 de decembro - Dirixe: Mateo Gómez Naval

***

***
Actuación na praza da Fontenova o 17 de agosto 2008 - Dirixe: Mateo Gómez Naval

***

***
actuación na praza da Fontenova o 11 de agosto de 2007 - Dirixe: Carlos Timiraos

*

*
presentación da banda xuvenil música do Conservatorio de Viveiro (agosto 2006)

*

*
vista panorámica de Viveiro e Covas dende San Roque

viernes, 2 de enero de 2009

OS CARPINTEIROS DE RIBEIRA

ANTECEDENTES HISTÓRICOS
Sabemos que entre as culturas castrexas se usaban embarcacións de coiro que posteriormente se irían mellorando e transformando en naves de madeira, cada vez máis complexas e adaptadas ó seu uso: pesca, militar e máis recentemente para o lecer.
Moi probablemente, a aparición do oficio de carpinteiro de ribeira, ten que ver co uso ancestral das embarcacións, principalmente para a pesca no que a Galicia se refire, aínda que, alá polo século XII, o arcebispo Xelmírez mandou vir dende Italia a expertos xenoveses e pisianos para contruír galeiras na desembocadura do Ulla para se defender dos ataques normandos e musulmáns.
Mais perto de nós, hai constancia de que Felipe IV mandou contruír, nos asteleiros de Ribadeo, galeóns para trasladar mercadurías e, á vez, defenderse dos piratas.
Tamén hai testemuñas de que, en Foz, comezou a esta actividade alá polo século XV, pero foi, ó igual ca no resto da Mariña, nos comezos do século XX cando houbo un maior número de pequenos astaleiros ou carpinterías de ribeira, aínda que os datos deste artigo se basean principalmente no esplendor desta actividade nas décadas de 1950 e 1960.

PROCESO DE CONSTRUCCIÓN ARTESANAL DUNHA PEQUENA
EMBARCACIÓN DE MADEIRA
Previo ao proceso de construcción os carpinteiros de ribeira deseñan a embarcación en forma de pequena maqueta, de onde sacan as plantillas, medidas e formas da embarcación a construir; algunhas veces as plantillas obtíanse copiando unha embarcación xa feita que era do gusto do futuro propietario.

Elección da madeira
Un dos factores determinantes á hora de elexi-la madeira era sen dúbida a forma natural dos troncos tendo en conta a dirección da veta, dado que é a elección axeitada era clave para o resto do proceso. As raiñas eran o carballo para pezas estructurais; codaste, roda de proa, cadernas..., e o eucalipto para a quilla. Incluso se tiña en conta a época do corte e as lúas; en outono e menguante (sabia máis baixa, menos humidades) para o carballo e, xa en maio, o eucalipto buscando unha boa elasticidade da madeira.
Tamén se ten utilizado o pino común ou tea para o forrado do casco e cubertas.

A quilla
Como xa se dixo, o eucalipto era a máis utilizada (lembrar que se necesita contrui-la dunha sola peza longa e dereita) aínda que, as veces, era de carballo. Colocábase sobre uns calzos ensamblando nos seus extremos a roda de proa (branque) e o codaste que determinan a proa e a popa mediante un ensamble en "cola de milano" ou de "raio de xúpiter", ámbolos dous moi resistentes ós esforzos requeridos durante a navegación; normalmente, esta unión, ía reforzada coas zapatas ou zapatóns de proa e contracodaste.

Caderna Mestra
Sobre a quilla, á metade da eslora, colocábase a caderna mestra (que determina o ancho máximo da embarcación ou manga) e as de tercios de proa e de popa dividindo á embarcación en catro zonas ó longo da mesma. Noutras ocasións situábanse dúas cadernas centrais, e dende alí partíase cara ós extremos poñendo cadernas cada pé (medida inglesa equivalente a 12 polgadas, ven sendo 30,48 cms.).
As cadernas (todas diferentes) construíanse, as veces, de varias pezas dependendo do porte da embarcación; a barenga, peza situada sobre a quilla, continuabase cos xenols ós que ían aparelladas formando no seu conxunto as cadernas; para iso partiase de plantillas tomadas a escala (1:12) dende as maquetas, tendo especial interés a na elección da madeira coa forma axeitada para logra-la máxima resistencia.

O Molde
Despois de colocadas as cadernas mestra e as de tercio situabanse uns listóns ó longo da embarcación que o pasar polos extremos das cadernas dterminan a forma. As vágaras, que eran un reforzo interior das cadernas sobre as que posteriormente se apoiaban os bancos ou a cuberta, contribuían a dar unha idea xeral de como sería a embarcación antes de comeza-lo axuste fino das cadernas procedendose ó forrado ou banceado, operación complexa, de traballo meticuloso, xa que da mesma depende a estanqueidade da embarcación; as taboas van achegadas unhas a outras (o que se chama unión a tope) sen ningún tipo de machiembrado ou encaixe.
Comezábase por arriba, ata alcanza-la liña de flotación, e logo continuabase dende a quilla ata rematar pechando o casco.

Cuberta
Cando a embarcación era xa dun porte medio, ou maior, procediase a vota-la cuberta que se sostiña sobre uns puntais lonxitudianais e outros transversais denominados "baos" que se apoian na vágara ó igual ca os bancos.
A madeira usada era, normalmente, o pino en listóns estreitos de 6 ou 7 cms. para absorve-los cambios debidos ás condicións de uso: humidades, calor, frio, etc. Tamén se ten utilizado, máis antigamente, a tea.

Calafateado
Para asegura-la necesaria estanqueidade introduciase nalgunhas zonas estopa a presión mesturada con alquitran ou brea quente usando para iso ferros con formas axeitadas e martelos; a patente (pintura sellante antifouling) completaba esta operación ó tempo que impedía a aparición da broma (molusco lamelibranquio que cava galerías a través das madeiras sumergxdas ou nos cascos dos barcos, desembarcaderos e pilotes, causando grandes danos).
Ás veces dábase unha imprimación a base de aceite de liñaza.
A denominación do alquitran podía ser en ocasións galipote (probablemente do francés galipot) dado que este nome é más propio das zonas santanderina e vasca.
O acabado ou embelecemento ía a cargo do cliente que recurría a un pintor profesional ou pintaba el mesmo a embarcación usando cores chillóns verdes, vermellos, azuis, brancos, evitando os grises e outros que son dificilmente visibles no mar (por iso a Armada usa o gris para camuflaxe da flota).

Aparello, motor e acabado
Dependendo do tipo e porte da embarcación completabase os traballos coa dotación de bancos, toletes (pezas verticais que ían asentadas sobre o carel e talameira) onde se poñía o estrobo para ata-lo remo á embarcación), remos, mamparos, paos, etc. que tamén eran construídos artesanalmente polos propios carpinteros de ribeira.
Se a propulsión se ía facer mecanicamente solíase recorrer a unha empresa externa subministradora dos motores, hélices, tanques e instalación electrica, mentres que no acomodo das mesmas dentro da embarcación tamén participaban activamente os carpinteiros (bancadas de motor, calzos de apoio, etc).
Os propulsores máis usados nas décadas 60 e 70 foron os Diter (Empresa familiar de D. Manuel Díaz de Terán nacida en e traslada de Badajoz na posguerra), Barreiros (fabricados polo ourensán D. Eduardo Barreiros) e Perkins (motor de procedencia inglesa) que tiñan que sufrir un proceso de "marinización" para adapta-lo sistema de refrixeración ó medio mariño.

A botadura
Dado que tódalas carpinterías de ribeira estaba situadas perto do mar, nas prais ou peiraos, non era difícil proceder á botadura das embarcacións, sobre todo das de pequeno porte (entre media ducia de homes facíase a operación); sen embargo, cando xa eran de tipo medio ou maiores, auxiliabanse de parellas de bois para arrastra-las pesadas embarcacións ata o mar facéndolles deslizarse sonbre imadas de madeira engraxada.
Xa ultimamnete faciase con tractores tipo carroceta con pluma e cabrestante.
A DESAPARICIÓN DAS CARPINTERÍAS DE RIBEIRADado que, como se dixo anteriormente, todo o proceso era artesanal, o emprego de novos materiais, principalmente os metálicos e sintéticos así como os novos procesos de fabricación industriais, fixeron que a construcción en madeira se tornara pouco rendible. Isto provocou que este oficio, tan arraigado nas nosas costumes, fose desaparecendo irremediablemente.
Hoxe en día quedan moi poucos asteleiros deste tipo e case todos incorporaron á súa actividade inicial outras máis industriais relacionadas coa caldereiría, as fibrase coa reparación e aparellado.
AS FERRAMENTASEn xeral as ferramentas utilizadas por estes artesáns da madeira eran manuais;
con raras excepcións se utilizaban ferramentas mecánicas, agás nas últimas décadas; normalmente suplían a falta de medios co gran coñecemento que tiñan
do seu oficio e foron quens de construír embarcacións (algúnhas delas transoceánicas) para a pesca e o transporte de mercadorías e persoas, só con aqueles elementos dos que dispoñian.
Así para o trazado usaban plantillas, compás, regras, nivel, escuadras e falsas escuadras, plomada, etc. Nas tarefas de corte o tronzon, a azuela, barrenas, gubias, formóns, berbiquí, serróns de man e brosas eran as ferramentas habituais. Duarante a ensamblaxe axudabanse de sarxentas e pernos, e na fase última de calafateado eran os ferros, amodo de conceis, con diferentes formas os que permitían introduci-la estopa nas rendixas.

CURIOSO O Ministerio de Educación ten publicado un Real Decreto (R.D. 1389/1995 do 4 de agosto de 1995 - BOE 19-9-95) que regula un ciclo formativo de grao medio de "Técnico de Artes Plásticas e Deseño en Carpintería de Ribera". Este título, que saibamos, non foi desenvolto; supoñemos que é debido a que non chegou a funcionar en ningún centro do Estado. ¡Lástima!


Na foto podemos ver a Pepe de Alexos xunto á embarcación "Doce de Julio" contruída en 1982 para a familia Parapar de O Vicedo. A embarcación tiña 7,45 metros de eslora, 2,28 de manga e desprazaba 3,5 toneladas; ía provista dun motor "MWM - Diter" e estaba feita en madeira de carballo, eucalipto e pino
do país con clavazóns de ferro galvanizado. Na actualidade xa foi desguazada.


PEPE DE ALEXOS
José García López, máis coñeceido como "Pepe de Alexos", veciño da Parroquia de Covas, foi un dos carpinteiros de ribeira máis emblemáticos de Viveiro. A súa historia profesional é semellante á doutros moitos carpinteiros espallados pola nosa Comarca, principalmente na Ría de Viveiro, en San Cibrao, Foz e
Ribadeo onde chegou a haber máis dunha ducia de pequenos astaleiros ou carpinterías de ribeira.
Pepe comezou como aprendiz nos anos trinta, cando aínda era un rapaz, pero a Guerra Civil apartouno da profesión ata entrada a década dos corenta; daquela pasou de aprendiz a operario cualificado e posteriormente a socio de Francisco Balseiro e Eulogio Bermúdez, donos da carpintería onde comezou; inicialmente tiñan o taller fronte á praia de Covas, perto do campo da Pascua; logo adquiriron un terreo ó outro lado da estrada (perto do actual acceso ó Colexio de Covas).
A comezos dos cincuenta cambiaron a actividade de construcción de barcos para adicarse únicamente ó serrado de madeira para Chao, coñecido empresario viveirense da época.
Xa entrados os sesenta, Pepe de Alexos, abandonou a sociedade e adicouse durante un tempo ó envasado de gaseosas "La Playa". No 1962, xa na última ubicación que tivo, situado na desembocadura do Rio de Loiba, abreu o seu propio taller que mantivo en activo ata a súa xubilación.
Nesta época construíu lanchas, botes(de vinte e pico ou trinta pés) e pequenas tarrafas (o Paquita Pérez, Costa de África, ..., etc.) sempre coa axuda dalgún aprendiz; algún deles coma Francisco García Casas (sobriño) chegaron a defenderse na profesión aínda que, polos motivos que se sinalan ó longo deste artigo abandonárona para adicarse.
Este traballo foi publicado no nº 28 do xornal escolar "O Provisional" do IES María Sarmiento de Viveiro (21-12-2003).
(En homenaxe a D. José García López, falecido fai uns meses)

VIVEIRO

VIVEIRO
vista panorámica de Viveiro dende O Paraíso

*

*
paseando por Viveiro ás... -fotografías enviadas por Lázaro-

*

*
(Lázaro) estrea a súa "Canon 400 D"

*

*
ao pasar pola Gañidoira