O TEMPO EN VIVEIRO

ESCOLA DE MÚSICA DE BURELA

ESCOLA DE MÚSICA DE BURELA
Concerto final do 3º curso interdisciplinar de Música. Dirixe Carlos Timiraos

BANDA DE MÚSICA DE VIVEIRO

BANDA DE MÚSICA DE VIVEIRO
Concerto breve de Nosa Señora - Praza da Fontenova, 15 de agosto de 2012

Concerto na Praza Maior (8 de agosto de 2012) xunto coa Banda Naval

Concerto de ADRAL - 24.03.2012

Concerto de Nadal 2011 (28/12/2011)

Concerto de Sta. Icía 2011 no teatro Pastor Díaz

Concerto breve o día de Nosa Señora de 2011

Pasarúas en Betanzos (18 de xuño de 2011)

Concerto ADRAL - 2 de abril de 2011

Concerto Sta. Icía 2010

Actuación en Covas, fronte aos Castelos, por mor da celebración do bicentenario do naufraxio da Fragata Magdalena e do Bergantín Palomo - 31/10/2010

Concerto de Nosa Señora 2010 - Praza da Fontenova

Concerto benéfico da Banda Municipal de Viveiro a favor de Haití (20-03-2010)

Concerto de Nadal 2009 con D.Hortensio - 26 de decembro de 2009

Concerto de Sta. Icía 2009 - Teatro Pastor Díaz

Actuación na Casa da Cultura de Burela coa Coral desa localidade. (7-11-09)

Concerto breve na Fontenova o 15 de agosto de 2009

Concerto de Semana Santa - 14 de marzo de 2009

Concerto de Nadal 2008 - Teatro Pastor Díaz, 27 de decembro - Director: Delio Represas Carrera

Concerto de Sta. Icía 2008, conmemorativo do 50 aniversario da refundación da Banda e homenaxe ao ex-Director D. Alfonso Mariño Parapar. -Momento da actuación coa interpretación do fado "Cançao do mar" a cargo de Lidia Carrión -

Concerto breve do 15 de agosto de 2008 na Praza da Fontenova

Procesión do Corpus (Viveiro, 25 de maio de 2008)

procesión de Semana Santa (16-03-08)

actuación no casino de Viveiro por mor da celebración do 25 aniversario desa entidade (1-12-07)

Concerto de Sta. Icía no teatro Pastor Díaz (24-11-07)

AUDICIÓN FIN DE CURSO 2007-08 * CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE VIVEIRO

AUDICIÓN FIN DE CURSO 2007-08 * CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE VIVEIRO
Grupo de saxofóns - Canción de R. Schumann

.

.
procesión de Santa Cecía (22 de novembro de 2007)

*

*
actuación na praza maior o 6 de agosto de 2007

*

*
actuación na praza da Fontenova o día de Nosa Señora de 2007

*

*
actuación en Allariz o 14 de xullo de 2007

BANDA XUVENIL DE VIVEIRO

BANDA XUVENIL DE VIVEIRO
Concerto de Nadal 2008 - 27 de decembro - Dirixe: Mateo Gómez Naval

***

***
Actuación na praza da Fontenova o 17 de agosto 2008 - Dirixe: Mateo Gómez Naval

***

***
actuación na praza da Fontenova o 11 de agosto de 2007 - Dirixe: Carlos Timiraos

*

*
presentación da banda xuvenil música do Conservatorio de Viveiro (agosto 2006)

*

*
vista panorámica de Viveiro e Covas dende San Roque

martes, 23 de diciembre de 2008

SARGADELOS, TRADICIÓN E MODERNIDADE

-Por Marta Coria Blanco e Néstor Timiraos Labaen.
Publicado no nº 43 do xornal escolar “O Provisional” do IES María Sarmiento de Viveiro
O principal obxectivo deste breve traballo exploratorio é dar a coñecer aos alumnos da ESO a riqueza do pasado industrial da nosa Comarca.


Antonio Raimundo Ibañez (marqués de Sargadelos), obtivo o 5 de febreiro de 1791 a Real Cédula para constituír as Reais Fábricas de Sargadelos. O complexo estaba formado inicialmente por unha siderurxia e posteriormente a fábrica de louza. Investindo os capitais acadados en negocios anteriores, e contando coa protección en Madrid de Godoy (primeiro ministro de Carlos IV, e amigo persoal de Ibañez) foi quen de erguer unha potente siderurxia no lugar de Sargadelos á beira do río Xunco, e de asegurar a súa viabilidade cun contrato co Estado para producir municións entre o ano 1796 ata o 1834. Nel instalara primeiro unha ferrería e unha fundición de ferro colado, dotada dun alto forno alimentado con carbón vexetal procedente das fragas de Rúa; de alí saíron
moitos dos cañóns, cadeas, rodas hidráulicas, útiles de cociña e demais ferramentas empregadas na España do século XVIII; mesmo chegaron a crearse fermosos conxuntos escultóricos, fontes públicas e balaústres decorativos que aínda se poden recoñecer nalgunhas cidades galegas.
A fábrica de louza, de concepción moderna e de tecnoloxía punta para a época, estivo apoiada na excelente calidade dos caolíns (arxilas brancas moi puras) da zona, acabaría converténdose na loucería máis importante de España durante o século XIX; supuxo a introdución en España do sistema de fabricación de louza fina tipo Bristol. Esta circunstancia veuse favorecida polas medidas proteccionistas do Estado e os fortes aranceis que dificultaron a importación de produtos ingleses.
Co estalido da Guerra da Independencia (1808), Ibáñez formou parte da Xunta de Ribadeo (Representación do Rei e do Goberno).
Esta, no acoso do exército francés á vila, aceptou as condicións dos invasores; pero o pobo viu niso un acto de traizón e os membros da Xunta tiveron que ocultarse. Ibáñez, ao que viñan considerando como un afrancesado, foi interceptado o 2 de febreiro de 1809 ao fuxir de Ribadeo e asasinado en escuras circunstancias. (Na actual fábrica de Sargadelos hai un mural de Luís Seoane alusivo a este asasinato; amósase ao marqués de Sargadelos arrastrado por un cabalo nas rúas de Ribadeo).
Este breve artigo que describimos no Provisional a modo de iniciación para os alumnos de ESO, trata fundamentalmente da fábrica de louza antiga e a nova etapa iniciada por Isaac Díaz Pardo.
Aínda que foi e é comunmente coñecido polo marqués de Sargadelos, o certo é que tal título, que en 1808 estaba tramitándose, non chegou a expedirse con todos os requisitos debido aos cambios políticos motivados pola guerra.

Antonio Raimundo Ibáñez nace en Ferreirela (Santa Eulalia de Oscos) o 17 de outubro de 1749 no seo dunha familia fidalga de escasos recursos. Posiblemente esta debilidade económica motivou que entrara para traballar moi novo na casa dos Guimarán en Ribadeo. Ao morrer o dono, Ibáñez foi nomeado administrador e comezou entón unha escalada de negocios que traerá aparellado o seu ascenso económico e tamén social.
Comercia con aceite, viño, augardente, ferro e liño (tiña o monopolio de entrada de viños e licores na zona), chegando ata a facerse armador de buques para controlar o transporte de mercancías (creou no 1788 a Real Compañía Marítima de Ribadeo para incrementar as importacións de liño de Rusia, ferro e aceiro de Suecia, potas de Burdeos e bacallau de Terranova).
No 1794, Ibáñez foi Comisario da Mariña de Viveiro e da Real Orde de Carlos III, Marqués de Sargadelos e Conde de Orbaiceta.
O salto de importador a fabricante culmina coa construción, entre 1791 e 1806, do complexo industrial de Sargadelos na parroquia dese mesmo nome (concello de Cervo) a pesar da oposición da nobreza, o clero e mesmo dos veciños que ven ameazadas parte dos seus recursos coma as fragas de Rúa.


Traballos preparatorios para a fábrica de louza e proxecto de vidro (1806-1809)
Primeira época (1809-1832) Carlos V e Fernando VII

Esta etapa vai dende os ensaios iniciais no 1806 ata a suspensión dos traballos (1832) que precedeu ao acordo con Tapia e Piñeiro. Supuxo a implantación da primeira industria cerámica en España con decorado mecánico.
O primeiro Director foi Juan Antonio Pérez e administrador o cuñado de Ibáñez, Francisco López-Acevedo; case inmediatamene, José Antonio Ibáñez López-Acevedo, fillo do fundador de Sargadelos, asumiu o goberno da empresa tras a morte do pai. Coa axuda dos seus tíos maternos e da súa muller, Ana Varela, ampliou a fábrica orixinal ata instalar tres fornos grandes de produción, dous pequenos para ensaios e varios talleres, un deles con 25 tornos; chegaron a producir unhas 20.000 pezas anuais de louza a comezos dos anos trinta do XIX.
O primeiro director da fábrica foi José Antonio Correa de Sá, que deixou o cargo no 1829 para montar unha fábrica propia en Cervo, aínda que morreu sen logralo. Sucedeuno Hilario Marcos de Santo Domingo da Calzada que permaneceu no cargo ata o final desta primeira etapa.
Como artistas destaca a presenza do escultor santiagués Manuel de Prado Mariño.
As louzas características desta época son de cor branca, con esmalte brillante de remate cremoso ou lixeiramente azulado.
Sobresaen as placas, floreiros e xerros, deseñados cun estilo neoclásico, inspirado na louza inglesa de Bristol, Alcora(s XVIII) e Delf. Corresponden a esta época as primeiras pezas pintadas á man.
Como traballos emblemáticos sinaleremos:
-Placas, copia do bronce adicado a Fernando VII -1814- no Museo Arqueolóxico Nacional.
-Imaxes, pías e benditeiras; molde da Peregrina (Museos de Pontevedra e Coruña)
-Bustos e ánforas; moi deteriorados, consérvase un no Museo de Lugo.
-Candelabros de tres brazos de estilo Imperio.
-Floreiros de dedos e mans (museo de Pontevedra)
-Figuriñas, cans sentados.
-Botamen de botica decorados con escudo do Imperio (templete con dúas columnas, elipse no centro, ramas no alto); presentes nos museos de Lugo e Pontevedra.
Vaixela. O xarrón dodecagonal de 44,3 cms. de alto que está no Museo provincial de Pontevedra.
Salseira con asa imitando vimes copiadade Staffordshire, ensaladeira e fontes

Segunda época (1835-1842) Rexencia
Tras o peche de 1832, incíase de novo a actividade en 1935.
José Ibáñez asociouse con Antonio Tapia Piñeiro para constituír a empresa Ibáñez y Tapia o 19 de maio de 1835. Coa dirección do francés M. Richard, chegado dende Turín e persoal técnico de Andalucía e Levante, apostaron pola fabricación de louza fina en cor branca pintada a man. Tamén abordaron as primeiras probas de estampado e policromía.
No plano artístico destaca o gravador valenciano, José María Gómez que chegou a Sargadelos no 1838 para os primeiros ensaios de estampación .
Desta época, sobresaen:
-Lámpadas e candeeiros en forma de castelo, -Vaixela decorada con estampado de tonalidade verde-chumbo onde se representa a unha parella bailando a muiñeira ao son da música do gaiteiro e tamboril.
-Louza pintada (catálogo de 1837); destacan as excelentes pezas de toucador da familia Isla Cobián.
-Placas (Vodas de Eros e Psiquis, Amorciño sobre león, Hércules, …) tamén de tipo relixioso (A Magdalena, San Pedro). A colección máis completa tamén se atopa exposta no Museo de Pontevedra.

Terceira época (1845-1862). Isabelina. A época dourada de Sargadelos
No ano 1845, Luis de la Riva e R. Francisco Piñeiro, que foran arrendatarios nos últimos dous anos (a fábrica chamábase así nese momento: "Luis de la Riva e Cía"), xunto con Pickman de La Cartuja, cédenlle a administración de Sargadelos á familia Ibáñez, tamén de forma arrendataria.
Máis de 1.000 familias chegaron a traballar para a fábrica en 1849, de onde saían 205 carros e 22 buques de cabotaxe con máis de 100 fornadas de louza cada ano. Había catro fornos distintos, 30 estufas, muíños, nove grandes almacéns, talleres de estampado con oito prensas...
Entón, acadáronse calidades e variedades excepcionais de vaixelas e figuras baixo a dirección do ceramista británico Edwin Forester. Á súa mestría débese á introdución da louza alumada chamada chinesa opaca ou semichinesa, diferenciada pola calidade da súa feitura e pola súa decoración con motivos florais, estampados en sepia e castaño e pintados con pincel en verdes, azuis, amarelos e rosas
Outras novidades técnicas de Forester foron as estampados monocromas (sobresae a cor negra) e a impregnación de cor nos fondos das pezas de vaixela branca, brillante e lixeiramente azulada.
Característicos desta época son as pezas utilitarias:
-Botella coa forma da Virxe das Dores ou das Ermitas.
-Pías de auga bendita
-Mambrús, xerros feitos coa figura dun home sentado semellante ao Toby Jug da cerámica inglesa,
-Vaixelas ilustradas con estampados litográfica (quizais, por primeira vez en España) de tipo Góndola: en primeiro plano, xardín, balaustrada, escalinata e xerro decorativo; en segundo, lagoa con barca; e mais arquitecturas fantásticas no fondo.
-Macaco, outro personaxe inglés (John Bull), bebedor de cervexa deforme.
-Cantimploras con figura de muller (caramañolas)
-Salseiras e compoteiras
-Palilleiros (osiños, macacos, esquíos)
-Asubíos, tipo cabeza de can
En canto a pezas decorativas destacan nesta terceira época:
-Estatuiñas moi grandes relixiosas (de 23 a 30 cms.)
-Estatuiñas de persoeiros: busto caricaturesco de Napoleón, Isabel II e algúns xenerais
-Mitolóxicas, Hércules, Cástor e Pólux
Tamén hai unha colección de persoeiros indeterminados
-Figuras miúdas (duns 12 cms): cabeza de militar, arlequín, aves do paraíso, galo, cisne, etc.
Son característicos desta época tamén:
-Escribanía isabelina en branco con fileteadoazul (Museo de Pontevedra)
-Igrexas e castelos (parece ser que chegou a moldearse unha catedral gótica coas súas fiestras e pináculos)
-Louza pintada con flores e follas (colección de Sampedro e Folgar de Pontevedra)

Cuarta época (1870-1875). Revolución.
Nesta última etapa do Sargadelos histórico, a familia Ibañez recobra a xestión da fábrica da man dos netos de D. Antonio Raimundo Ibañez, asociándose cos coruñeses Atocha e Morodo o 1 de febreiro de 1873.
Baixo a dirección do enxeñeiro Carlos Ibáñez (neto de Ibáñez) cesaron os investimentos en novas instalacións e prescindiuse dos expertos ceramistas estranxeiros.
O librecambismo e as malas comunicacións deron lugar a un estancamento que propiciou un período de subsistencia e o peche.
No plano ceramístico, reprodúcense as pezas da etapa anterior, pero sen acadar a súa mesma calidade; se acaso a pasta é menos crema e o vidrado máis brilante continuando o traballo de pincelistas en decoración floral; nas marcas engádese ao azul o verde (hai un exemplar no Museo de Pontevedra).
É destacable a presenza, nestes últimos anos de andadura da fábrica, do debuxante José María Cao Luaces, natural de Cervo, e do seu pai.
Desde entón (etapa de paralización), ata a recuperación deste legado histórico, xa na segunda metade do século XX, houbo tamén algún intetento de recuperación –para a fabricación de ladrillo refractario (1901- 1908); continuamos a historia daquel formidable emprendedor e as testemuñas da beleza acadada nos seus talleres, estendidapor todo o mundo.

Quinta época (1949-2004) Da man de Isaac Díaz Pardo e o Instituto de Formas de Galicia
Antes do novo Sargadelos en Cervo (1970) o complexo de cerámicas do Castro de Samoedo, iniciou as actividades en 1949 da man de Isaac Díaz Pardo. Preto dun antigo castro celta no concello de Sada (A Coruña), ergueuse a primeira fábrica na que volveron producir cerámicas feitas con terras galegas do norte lugués.
Logo de experimentar técnicas e deseños diferentes, acadaron por reproducir en series moi limitadas figuras orixinais de artistas plásticos, utilizando unha pasta fina, translúcida de gran dureza e brancura, que puideron presentar xa no ano 1951 en Galicia, Madrid e Barcelona.
En 1955, o interese suscitado polas experiencias do Castro permitiu a creación dunha proxección na Argentina: a Fábrica de Porcelanas “A Magdalena”, a 100 quilómetros de Bos Aires, que mantivo o proceso produtivo máis de trinta anos. Este proxecto transoceánico serviu tamén, para interesar aos intelectuais galegos exiliados na intención de traballar pola recuperación económica e cultural de Galicia; isto concretouse no 1963 coa creación do Laboratorio de Formas, mentres no Castro se inauguraba unha nova planta incorporando á súa produción deseños entroncados con motivos abstracto-xeométricos tomados do románico e do barroco galegos, ou as formas que, dalgún xeito, gardan un paralelismo co simbolismo formal da arte románica.
En 1963, Cerámicas do Castro e o Laboratorio de Formas asinan un convenio para a creación do Museo Carlos Maside, Ediciós do Castro e outras institución ideadas para traballar na recuperación da memoria histórica de Galicia.

Sargadelos actual
En 1968, principiaron as obras da factoría de Cervo (Lugo), tras a constitución da sociedade Cerámica de Sargadelos, comezando deseguida a fabricación das primeiras pezas. Tratábase de restaurar nesta nova etapa o espírito de empresa do antigo Sargadelos, a súa concepción ética da empresa, afastada de calquera tentación especulativa.
Sargadelos fora concibida como unha asociación de recursos propios para, engadíndolles valor, poder satisfacer necesidades auténticas. A empresa de máis alento e prestixio do noso pasado industrial gardaba esta virtude fundamental que era necesario recuperar coa mesma dimensión histórica, económica e artística coa que fora creada no seu día.
Así pois, Cerámica do Castro e o Laboratorio de Formas de Galicia puxeron en marcha os proxectos que cristalizaron cun sector experimental en 1968, e coa inauguración da planta circular de Sargadelos o 10 de maio de 1970. A concepción deseñística da nova andaina de Sargadelos está claramente diferenciada da etapa anterior. Son conceptos máis en consonancia coa realidade diferenciada e esencial do noso carácter.

En 1972, o perímetro das antigas fábricas foi declarado conxunto Histórico-Artístico converténdose asinun espazo reservado á memoria colectiva

No 1968 principiaron as obras da nova fábrica de Sargadelos en Cervo, comezando deseguida a
fabricación das primeiras pezas. A planta circular foi inaugurada o 10 de maio de 1970. No 1984 púxose en funcionamento a nave principal que alberga hoxe en día a maioría do proceso de producción.

Sexta etapa (2004 - ACTUALIDADE): Díaz Pardo perde o control de Sargadelos
Isaac Díaz Pardo, ideólogo e artífice xunto con Luís Seoane e Andrés Fernández-Albalat do grupo Sargadelos quedou, despois de medio século de intenso traballo, fóra do Consello de Administración do grupo logo dun longo período de enfrontamentos con parte do accionariado liderado por Segismundo García.
Os motivos parecen estar no enfoque do futuro da empresa. O primeiro pretendía arraigar un carácter máis sociocultural, a través dunha fundación, mentres que parte dos socios esperaban un cambio de rumbo na política empresarial máis orientada aos resultados económicos.
Aínda agora o IGI (Instituto Galego da Información), unha das empresas do grupo, está en litixio e puidera ser unha futura fundación en mans da Xunta de Galicia; toda esta controversia chegou aos xulgados e xerou moita procupación en sectores intelectuais do País, empregados, e sociedade en xeral. Se acaso os políticos estiveron, coma case sempre, máis alleos ante a situación.
Esperemos que non se repita a historia e que unha vez que logramos ter na Comarca unha industria nacida das nosas terras, forxada cos nosas mans, coa identidadedo azul cobalto, non volva a desaparecer.




Reprodución dunha caricatura de Díaz Pardo nunha cunca de Sargadelos actual Autor: Xosé Vizoso (deseñador mindoniense)


Isaac Díaz Pardo (Santiago, 1920 - ) é o intelectual e artista que xunto con destacados galeguistas recuperaron a memoria histórica de Sargadelos e crearon un grupo de empresas unindo á tradición e modernidade nun exemplo único para Galiza.
Fillo do pintor e escenógrafo Camilo Díaz Baliño (fusilado ao comezo da Guerra Civil, membro activo das Irmandades da Fala); na súa casa tiñan lugar reunións nas que participan personalidades como Castelao, Vicente Risco, Otero Pedrayo, Ramón Cabanillas, Antón Villar Ponte, Eduardo Branco Amor ou Asorey.
Por mor da guerra civíl española, Isaac tivo que esconderse na casa do seu tío Indalencio, na Coruña, e logo a traballar como rotulista; unha vez rematada a contenda obtén unha bolsa da Deputación da Coruña, grazas á cal cursou estudos na Real Academia de Belas Artes de San Fernando, en Madrid (1939-1942). En 1941 participou na primeira experiencia española sobre deseño industrial, baixo a dirección do debuxante "oficial" do franquismo, Carlos Sáenz de Tejada. En 1942, cunha bolsa da fundación Conde de Cartaxena, viaxa por Italia, experiencia definitiva na súa concepción plástica, xa que vai descubrir a pintura do Renacemento.
Pasou logo a ter unha praza de profesor na Real Academia Catalá de Belas Artes de San Jorge de Barcelona e comezou as exposicións en España (A Coruña, Madrid e Vigo) e no estranxeiro. Otero Pedrayo presenta unha exposición de Díaz Pardo en Madrid, onde xa están algúns dos seus cadros «nazarenistas» que han caracterizar o seu entendemento da estética durante algúns anos.
Abandonou despois as artes plásticas, pasando á cerámica e fundando con outros socios a fábrica do Castro (Sada), ensaiando con materias primas usadas nas primitivas cerámicas de Sargadelos, e conseguindo cerámica de gran calidade. En 1955 viaxa a Arxentina, iniciando outro proxecto industrial cerámico en Magdalena, preto de Bos Aires.
En 1963, constituíu en Arxentina, xunto con outros destacados intectuais, como Luís Seoane, o Laboratorio de Formas, precursor doutras actividades industriais e culturais como a restauración da produción de cerámica de Sargadelos, en colaboracióncon Cerámicas do Castro (1963), o Museo Carlos Maside (1970), a editorial Ediciós do Castro (1963), o restaurado Seminario de Estudos Galegos (1970) ou o Instituto Galego de Información.

VIVEIRO

VIVEIRO
vista panorámica de Viveiro dende O Paraíso

*

*
paseando por Viveiro ás... -fotografías enviadas por Lázaro-

*

*
(Lázaro) estrea a súa "Canon 400 D"

*

*
ao pasar pola Gañidoira