O TEMPO EN VIVEIRO

ESCOLA DE MÚSICA DE BURELA

ESCOLA DE MÚSICA DE BURELA
Concerto final do 3º curso interdisciplinar de Música. Dirixe Carlos Timiraos

BANDA DE MÚSICA DE VIVEIRO

BANDA DE MÚSICA DE VIVEIRO
Concerto breve de Nosa Señora - Praza da Fontenova, 15 de agosto de 2012

Concerto na Praza Maior (8 de agosto de 2012) xunto coa Banda Naval

Concerto de ADRAL - 24.03.2012

Concerto de Nadal 2011 (28/12/2011)

Concerto de Sta. Icía 2011 no teatro Pastor Díaz

Concerto breve o día de Nosa Señora de 2011

Pasarúas en Betanzos (18 de xuño de 2011)

Concerto ADRAL - 2 de abril de 2011

Concerto Sta. Icía 2010

Actuación en Covas, fronte aos Castelos, por mor da celebración do bicentenario do naufraxio da Fragata Magdalena e do Bergantín Palomo - 31/10/2010

Concerto de Nosa Señora 2010 - Praza da Fontenova

Concerto benéfico da Banda Municipal de Viveiro a favor de Haití (20-03-2010)

Concerto de Nadal 2009 con D.Hortensio - 26 de decembro de 2009

Concerto de Sta. Icía 2009 - Teatro Pastor Díaz

Actuación na Casa da Cultura de Burela coa Coral desa localidade. (7-11-09)

Concerto breve na Fontenova o 15 de agosto de 2009

Concerto de Semana Santa - 14 de marzo de 2009

Concerto de Nadal 2008 - Teatro Pastor Díaz, 27 de decembro - Director: Delio Represas Carrera

Concerto de Sta. Icía 2008, conmemorativo do 50 aniversario da refundación da Banda e homenaxe ao ex-Director D. Alfonso Mariño Parapar. -Momento da actuación coa interpretación do fado "Cançao do mar" a cargo de Lidia Carrión -

Concerto breve do 15 de agosto de 2008 na Praza da Fontenova

Procesión do Corpus (Viveiro, 25 de maio de 2008)

procesión de Semana Santa (16-03-08)

actuación no casino de Viveiro por mor da celebración do 25 aniversario desa entidade (1-12-07)

Concerto de Sta. Icía no teatro Pastor Díaz (24-11-07)

AUDICIÓN FIN DE CURSO 2007-08 * CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE VIVEIRO

AUDICIÓN FIN DE CURSO 2007-08 * CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE VIVEIRO
Grupo de saxofóns - Canción de R. Schumann

.

.
procesión de Santa Cecía (22 de novembro de 2007)

*

*
actuación na praza maior o 6 de agosto de 2007

*

*
actuación na praza da Fontenova o día de Nosa Señora de 2007

*

*
actuación en Allariz o 14 de xullo de 2007

BANDA XUVENIL DE VIVEIRO

BANDA XUVENIL DE VIVEIRO
Concerto de Nadal 2008 - 27 de decembro - Dirixe: Mateo Gómez Naval

***

***
Actuación na praza da Fontenova o 17 de agosto 2008 - Dirixe: Mateo Gómez Naval

***

***
actuación na praza da Fontenova o 11 de agosto de 2007 - Dirixe: Carlos Timiraos

*

*
presentación da banda xuvenil música do Conservatorio de Viveiro (agosto 2006)

*

*
vista panorámica de Viveiro e Covas dende San Roque

sábado, 7 de junio de 2008

THE VIVERO IRON ORE Co. Ltd"

A finais do século XIX a minería de Galicia réducese á extracción e exportación de caolín para as fábricas de louza de Sevilla e Asturias, e cobre e ferro para os establecementos metalúrxicos estranxeiros. Non obstante, destacan, pola súa singularidade, dúas empresas mineiras do ferro na provincia de Lugo: a mineira de Villaodrid, e as minas da Silvarosa en Viveiro, explotadas inicialmente con capital alemán baixo o nome de

"The Vivero Iron Ore Co. Ltd"

PRECEDENTES:
-Non obstante, a minería do ferro require unha mención especial tanto polo volume que alcanzou en España como pola repercusión que tivo no desenvolvemento económico, principalmente no Pais Vasco, debido á demanda dese mineral dende o estranxeiro.
-Como sucedía coas minas de Biscaia e Cantabria, a explotación das minas da Silvarosa presentaba a vantaxe da súa proximidade ao mar -o que facía máis barato o seu transporte. As primeiras eran basicamente óxidos de ferro moi puros, sobre todo os de Somorrostro e o seu tratamento nos altos fornos era relativamente fácil; mentres, os de Viveiro ou Vilaodrid eran sulfurosos e por iso só eran interesantes en países xon xacementos desa mesma natureza, dado que a mestura era antieconómica.
-Igual que se pon en entredito a ocasión perdida por mor do retraso na construción dos ferrocarrís -coa que ten certo paralelismo-, hai quen considera que o feito de que estas explotacións se fixeran con cartos de fóra supuxo unha perda substancial dos nosos recursos e a perda dunha ocasión de modernidade para o País; ao mellor tampouco estabamos preparados naquel momento no que se vivía a segunda etapa da revolución industrial para asumilo reto a nivel tecnolóxico.
-As minas veneiras, en orixe empregadas como fonte de materia prima para obter o ferro dende a Idade Media, foron de gran interese desde este período ata ben entrado o século XIX (con especial relevancia as situadas na serra do Courel), momento en que empeza a decaer, sobre todo pola importación de ferro do País Vasco. O mineral extraído de forma artesanal ou semindustrial era empregado nas ferrerías, situadas ao longo de regatos que aproveitaban os saltos de auga naturais. (Ver artigo sobre o oficio do ferreiro nas páxinas 8 e 9 de O Provisional nº37 de decembro de 2006).
-A principios do século XIX constrúese en Sargadelos, o primeiro alto forno de España para a obtención de ferro colado; usaban o mineral procedente da zona de Viveiro. Despois hai un período escuro de paralización de actividade mineira retomándose a actividade coa "mellora" das infraestruturas portuarias, ferrocarrís, estradas, a ponte do Barqueiro inaugurado no 1901, ..., etc.
O COMEZO DOS TRABALLOS NA SILVAROSA
A empresa The Viveiro Iron Ore Co. Ltd. faise cargo da explotación, en principio ao descuberto nos montes da Silvarosa e Choupín alcanzando as parroquias de Vieiro e Covas; a devandita sociedade tiña máis concesións na comarca que foran rexistradas no 1889 por D. Ricardo de Llano Oleaga, probablemente baseándose na primeira carta xeolóxica de Galicia de Guillermo Schultz, enxeñeiro alemán que viviu en Ribadeo; algunhas destas concesión eran A Pereira, Golpe, Vieiro, Galdo, Bravos, Carbaliño, Testa de Ferro, Concha, Cordido, Riobarba, Barreiro, Cova e Suegos nos concellos de Ourol, Viveiro, Riobarba e Xove.
Os traballos preparatorios, baixo a dirección do enxeñeiro alemán Federico Staaden, comenzaran xa en 1893, saíndo do peirao da Insua o primeiro cargamento cara a Alemaña o 20 de decembro de 1899 no vapor Laurak-Bac. Nese momento de comezo real da extracción do mineral fíxose cargo da dirección da mina o enxeñeiro Federico Guillermo Cloos que permaneceu ligado á empresa ata o comezo da guerra civíl española, logo marchouse para Monforte onde aínda viven algúns descendentes.
Como é sabido, o mineral transportábase mediante un funicular, aproveitando o desnivel entre a cota máis alta da Silvarosa (441metros) e o cargadeiro asentado sobre unha rocha a carón do mar na Insua (Escourdido); dende alí o mineral embarcábase cara a Alemaña e Inglaterra dedicandose esta materia prima, principalmente á fabricación de canóns.
Ao principio, como xa se dixo, os traballos de extracción realizábanse ao descuberto seguindo o filón mineralizado (de posible orixe sedimentaria); só no primeiro ano sacáronse 104.197 toneladas en 35 cargamentos marítimos. A medida que se buscaba o mineral máis profundo, realizóuse a explotación en galerías; Bilbao, Federico, Ventilación, O Tres, Tres A ou Sete A, eran algúns dos nomes das mesmas.
A partir de 1910 continuaron os traballos mediante labores subterráneos seguindo a veta xa en zonas de menor altitude, transportando o mineral en camións monte arriba ata as tolvas que abastecían os caldeiros para logo envialo colgado polos cables de aceiro ata o cargadoiro.
O filón aséntase nun cuarzo encaixado entre lousas e esquistos do Ordovícico (lousas onde destaca o cloritoide), sendo o mineral maioritario Magnetita, que aparece cristalizada en microoctaedros, e Hematites. A esta acompaáñan Clorita, granate Andradita (cristais, variedade Melanita) e Goethita. Cítase a presenza de Siderita, pero é moi escasa, do mesmo xeito que a Pirita. A veta principal tiña unha potencia de 10-20 m e unha lonxitude de 15 km. O mineral explotado foi inicialmente óxidos de ferro hidratado (Limonita, Goethita) e Siderita, aínda que cara ao final da súa actividade centralizouse principalmente sobre o Hematites e a Magnetita.
HORACIO ECHEVARRIETA FAISE CO CONTROL
Co estoupido da Primeira Guerra Mundial no 1914, remata unha etapa que fixera funcionar a mina inenterrompidamente durante catorce anos como se comentou anteriormente, pasando a mans do empresario de Getxo, Horacio Echevarrieta, que comezou a nova contratación de obreiros no 1919; ao retomarse os traballos A Silvarosa é a unha das minas de ferro máis produtivas que hai en Galicia.
A actividade tamén estivo interrompida no 1932 como consecuencia do crack económico de 1929. En 1950, o enxeñeiro xefe, José Alemany, informaba da extracción de máis de 2.000 toneladas do seu filón principal (a faldra do alemán) que tiña 15 Km. e, segundo os especialistas, estaba vencellado aos últimos movementos sísmicos rexistrados na provincia. Victoriano Ortueta era o Facultativo da mina, permanecendo en activo incluso nas épocas nas que a mina tiña paralizada a producción.
O INI REANUDA A EXPLOTACIÓN NO 1951
O INI (Instituto Nacional de Industria), creouse por Lei o 25 de setembro de 1941 co propósito de "propulsar y financiar, en servicio de la nación, la creación y resurgimiento de nuestra industria (...) a través de la creación y participación en empresas"; foi este Organismo, a través de ENSIDESA, o que se fíxo cos dereitos de explotación abandonando definitivamente a actividade arredor do ano 1966; o material tiña demasiadas impurezas que non o facían adecuado para as esixencias da transformación e do mercado da época. Incluso, entre as xentes que traballaron alí, e os que o lembran, din que "intencionadamente" se baixou o control da calidade, metendo todo tipo de relo, para pechar a mina que xa non era rendible para ENSIDESA.

O funicular era coñecido polos veciños coma "os caldeiros da mina"; foi contruído por Adolf Bleicher&C de Leipzig - Ghlis (Alemaña); tiña unha capacidade de transporte de ata 250 toneladas de mineral cada hora. Sen dúbida, de toda a explotación, xunto cargadoiro, foi a obra máis emblemática e coñecida das minas da Silvarosa, ao igual que sucedeu co ferrocarril Villaodrid- Ribadeo para o caso da "Minera de Villaodrid" que tiña 33 Kms de percorrido.
A tracción do sistema facíase pola acción da gravidade, aproveitando o desnivel ao logo dos 5.570 metros de percorrido (cunha pendente media cercana ao 7%). O mineral que vaixaba nas vagonetas descargábase semiautomaticamente nunhas enormes tolvas de pedra para logo enviar o mineral cara ao barco. As tolvas aínda poden verse parcialmente na área etnográfica de A Insua e tamén arriba na Silvarosa ao pé do poboado.

CURIOSO
A casa da administración da mina da Silvarosa foi adquirida, no 1980, polo profesor do noso centro Luís Mel Galocha, ao que tamén lle ofreceu ENSIDESA a compra dos terreos da Insua, onde agora está a área etnográfica e noutrora se asentara o cargadoiro do mineral.
Cerámicas de Sargadelos comercializa unha peza chamada "O cargadeiro das minas da Silvarosa - A Insua " en homenaxe a esta industria extractiva do século pasado.

No actual paseo fluvial do Landro, perto do pozo de Piago, hai un pequeno embarcadoiro dende o que se trasladaba en barca ao outro lado do río (xa en Vieiro fronte á subida á mina) aos obreiros, evitando así o rodeo por Galdo. A barqueira era a Sra. Petra (ou dos prietos).

O ex-director do noso centro, Angel Rodríguez Vázquez, fixo parte das súas prácticas da carreira de Perito, facendo o levantamento topográfico do teleférico ao pé dun facultativo de ENSIDESA , Sr. Ortueta, e auxiliado polo pai de Alfredo (concesionario do comedor) que tamén se chamaba Alfredo Almoina (sufrira un accidente na mina polo cal quedou de vixilantea ata o peche das instalacións).

José Prada López e Angel González Macazaga, que foran profesores do noso centro (1958) tiveron ao tempo responsabilidades facultativas na mina, nun momento no que a dedicación ao centro era só parcial.

ALGÚNS ASPECTOS SOCIOECONÓMICOS

As minas da Silvarosa e Choupín deron traballo a perto de cincocentos obreiros (376 no ano 1935); para o seu acomodo acondicionándolles vivendas e unha pequena capela no monte Silvarosa (foron inauguradas o 29 de xullo de 1905).
As condicións de traballo da época eran especialmente duras, a maioría dos traballadores sen ningunha cualificación completaban as duras xornadas cos labores complementarios da agricultura e tiñan que desprazarse dende as aldeas próximas, agás os que vivían no poboado.
Tamén os accidentes eran frecuentes, o que deu lugar a unha primeira folga, meses antes de comenzar a explotación, coa intervención "pacífica" da garda civíl da zona. Conseguiruse algunha mellora nos salarios, por outra banda, moi diferentes entre homes e mulleres; tamén se creou unha "caixa" de socorro co 1% dos soldos e as multas (o salario dunha mullerer era, a principios do século de 1,5 pts e o dun home 2,25).

APROVEITAMENTO PARA USO PEDAGÓXICO E OTURISMO
- Hai unha rota de sendeirismo que leva ata a Silvarosa (descrita na páxina 6 de O Provisional nº 27 de 20 de xuño de 2003). O Departamento de Educación Física do noso IES ten incluída esa rota dentro da programación didáctica para os alumnos de 4º de ESO.
- A zona para buscar minerais é perigosa, xa que existen desniveis moi abruptos e, aínda que se selaron as ventilacións, póden quedar algúns ocultos, con risco de caídas, esvaramentos ou deslizamientos en vellos vertedoiros, polo que non é aconsellable adentrarse na explotación aos afeccionados inexpertos.
- Houbo unha iniciativa para converterr as minas da Silvarosa nun parque temático que se pretendía fose financiado co Plan Proder da Unión Europea, ata tiña nome "Titanes de Viveiro"; parece que se contaba coa colaboración do experto, Manuel Cordón, que deseñou “Terra mítica”; a idea que propuxo este técnico era a dun parque que abarcara as minas da Silvarosa, o mar de Celeiro e o bosque do Souto da Retorta; pretendíanse dous percorridos para ir ata a mina, un a pé, e outro nun "teleférico" que se construiría seguindo o mesmo percorrido que facían antes as vagonetas cargadas co mineral.

  • PARA SABER MÁIS SOBRE ESTE TEMA:
    Aínda que o único obxectivo deste artigo foi o de dar a coñecer aos alumnos do IES María Sarmiento de Viveiro (a través do xornal escolar O Provisional) aspectos relativos ao noso pasado industrial, pódese completar este tema na seguinte bibliografía:
    - HISTORIA DE VIVEIRO Y SU CONCEJO de J. Donapetry Iribarnegaray
    -OS CONQUISTADORES MODERNOS -MOVEMENTO OBREIRO NA GALICIA DE ANTEGUERRA, Carlos Nuevo Cal, varios
    -HEMEROTECA de EL Heraldo de Viveiro

VIVEIRO

VIVEIRO
vista panorámica de Viveiro dende O Paraíso

*

*
paseando por Viveiro ás... -fotografías enviadas por Lázaro-

*

*
(Lázaro) estrea a súa "Canon 400 D"

*

*
ao pasar pola Gañidoira